Blogia
Andresadas

Os crímenes de Florida... eche unha risa?

Os crímenes de Florida... eche unha risa? No estado de Florida acontencen os crímenes máis estranos que un se poida imaxinar... Por exemplo, un crime que preocupou e moito ás autoridades deste estado foi o do nudista asaltador de ancianas, que as acosaba sexualmente dunha forma moi particular. Ó parecer, este acosador, entraba nas casas das mulleres de máis avanzada idade, espido e co cabelo recollido, segundo as descricións das asaltadas, levantaba as sabas e, o pé da cama, facía cóxegas ás ancianas coas mans ou tamén cunha pluma. No momento no que as ancianas espertaban, o individuo escapaba a correr.

Outro criminal deste estado era o chamado "coleccionista de bragas". Este home, adícabase a agacharse nos aparcadoiros dos supermercados. O seu delito consistía en deixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por eldeixar notas nos vehículos das mulleres que ían mercar, amenazándoas con que, senón deixaban alí as súas bragas, ían ser violadas por el. A policiá detívoo recentemente. O coleccionista chamábase Nicholas Koger, e levaba máis de cinco anos cos seus crimes...

Isto pasa só nos Estados Unidos? Espero que si, e por outra parte, moito non me estrana...

0 comentarios